luns, 21 de novembro de 2016

Oh when the saints!



Esta canción é un himno á música gospel estadounidense, con elementos de música folclórica.



Ímola aprender os nenos/as de e 6º. Comezaremos coa frauta, e se sae ben iremos introducindo os instrumentos de placas para acompañala.
Pulsade enriba e a practicar!


http://profedemusica.wixsite.com/ohwhenthesaints

martes, 15 de novembro de 2016

Sona o ritmo!


Imos traballar cos instrumentos de pequena percusión uns pequenos patróns rítmicos. 
Preparados?

 Pulsa no ¨play¨ para escoitar           ➤           
 

luns, 7 de novembro de 2016

¡Un ratón me persigue!

 Saberíades dicir os nomes dos instrumentos que aparecen no debuxo?
Cómo se chaman e de qué familia son?


xoves, 3 de novembro de 2016

Rapeamos no Magosto!

Despois do Samaín e as súas cabazas, xa se achega o Magosto, coas súas ricas castañas.


Estamos traballando a canción de Arao, pero ademais imos aprender este RAP tan molón
Déixovos o vídeo do Rap do Magosto de Brinca Vai, coa letra para que a poidades ir practicando dende a casa.
A RAPEAR! 


luns, 24 de outubro de 2016

OUTONO MUSICAL

Estamos no Outono e por iso traio cancións relacionadas con esta estación. 



Primeiro toca o Samaín. Déixovos esta de Paco Nogueiras do CD Brinca Vai.

 

E para o Magosto... 

 
Ademais con esta canción, prepararemos un bonito mural con unhas castañas moi musicales. 
A dIsfrutar do OUTONO MUSICAL!

xoves, 20 de outubro de 2016

POLKA!

Unha nova nota para a frauta, o RE´ agudo:


Coidado, que cada vez vai máis rápido! Preparados e preparadas?
Pulsade enriba da partitura para escoitar o audio.

http://jorgedelicado.wix.com/libro-quinto#!__polka


Corre, Corre, Cabaciña!

Achégase o tempo das cabazas, por iso estamos traballando con este conto tan divertido.
Pulsade enriba da cabaza para velo...

https://www.youtube.com/watch?v=HrXlgpmhjnk&list=PLvWMoUNfJZ0z87JR3JAzMENo9WTvex6mR
O conto fala dunha avoíña que vai á casa da súa netiña que vai casar. Polo camiño atopa con tres feras: un lobo, un oso e un león. Cómo fará para que non a coman?
Tamén vos deixo a canción, para que a poidades practicar dende casa.



Espero que vos guste

Souvenir de Valse (Si - La)

Continuamos repasando as notas SI e LA cos nenos/as de 3º e 4º de primaria. 

Ademais de Rondín Pikotín, temos este Valse para practicalas. 



martes, 4 de outubro de 2016

Sueño Celta

Para practicar as notas do´- si - la - sol imos aprender unha canción chamada Sueño Celta.
Pulsando enriba da seguinte imaxe, tedes unha páxina onde repasar as notas na frauta. 
 
http://www.aprendomusica.com/const2/posicionesFlauta/posicionesflauta.html

E aquí tedes a partitura. Pulsando enriba podedes escoitar o audio.
Coidado, que aumenta a velocidade!!
http://mariajesusmusica.wixsite.com/celta

luns, 3 de outubro de 2016

Xogamos cantando?

Este xogo gustounos moito, a que si? Vai acompañado dunha canción cuns xestos. 


Xa o aprendimos fai unha semana, pero aquí tedes o audio para poder escoitala na casa, e tamén a letra por se alguén non se lembra..
Espero que vos guste!
Un saudiñooo

CLAP YOUR HANDS! Si - la - sol

Para repasar as notas si - la -  sol os nenos e nenas de 5º e 6º imos aprender esta sencilla canción.

http://www.docentestic.es/clap_your_hands.html#auto_top

Pulsade enriba da imaxe para escoitar o audio. 
A practicar!

luns, 26 de setembro de 2016

AS 7 NOTAS MUSICAIS

Sabedes as notas musicais?
En 1º e 2º imos a repasalas con esta canción. Para escoitala tedes que pinchar co rato encima da imaxe.


E... a cantar!!



xoves, 22 de setembro de 2016

Rondín Pikotín!

En 3º e 4º comezamos oxe coa frauta, e para tocala primeiro hai que recordar os consellos que nos da Arale...


Comezaremos co SI e LA da man esquerda. 
Practicarémolas para tocar a canción de cabalo salvaxe. 
Se queredes escoitala pulsade enriba do cabalo e dádelle ó play.
http://ikasmus.wix.com/3-maila/rondin-pikotin

martes, 20 de setembro de 2016

OLA, OLA LA!

Cando chegamos a un sitio, que é o primeiro que facemos? Eu téñoo claro, decir OLA! e presentarnos:
OLA OLA LA, eu son Ana, a nova profe de música.
Por iso a primeira canción coa que empezamos o curso é esta. O primeiro día de clase xogaremos coa canción e ademais de cantala acompañarémola con pitos, palmas e pés. 
Logo cambiaremos os 4 nomes da mesma por 4 nomes da clase improvisando un xesto que nos describa.
Preparados/as?