luns, 29 de maio de 2017

Esto báilase así

Coñecedes a canción de ¨Pirimpimpin¨ de Malvela?
Pois esta é unha versión desa canción feita polo grupo ¨ Uxía Lambona e a Banda Molona¨ que estamos traballando na clase de música todo o cole.


Cantaremos e bailaremos tal e como di a letra.
Aquí vos queda a letra e o vídeo para que a practiquedes na casa. Se sae ben, igual podemos facela todo o cole para fin de curso!




xoves, 25 de maio de 2017

O Rei León - Frauta

En 5º e 6º seguimos avanzando en frauta tocando esta sinxela melodía, que é a famosa canción do Rei León máis coñecida como ¨ Wimoweh ¨

Aquí vos queda o wix coa partitura e o audio para seguir practicando na casa.



Ven comigo

Gústanos moito cantar cos amigos, por iso aprendimos unha canción súper divertida do novo CD chamado Aire de María Fumasa.
A canción é ¨Ven comigo¨ e ademais de cantala acompañámola con maracas.



Aquí vos deixo o vídeo do youtube e a letra, para que a poidades seguir practicando na casa.
Espero que vos guste!
:)







mércores, 29 de marzo de 2017

Os picapedra

Os nenos/as de 5º e 6º estamos aprendendo a tocar coa frauta a banda sonora dos picapedra.

Déixovos ó enlace co Wix con partitura para poder escoitala mentres tocamos.
A practicar!


martes, 21 de marzo de 2017

FRAUTA 3º e 4º - Valse Bleue

Para seguir repasando coa frauta, a seguinte canción que imos ver é Valse Bleau.
Aquí vos deixo a partitura, o wix para practicala e un vídeo do youtube onde podedes seguila.


Click encima da partitura.




ROCK EN NEW YORK

Os nenos/as de 3º e 4º de Primaria estamos aprendendo esta canción. Ademáis de cantala tamén preparamos un baile por parellas para acompañala bailando.
Aquí vos deixo a letra da canción, a música e un vídeo doutro cole onde tamén a cantan e bailan.
Espero que vos guste!



martes, 14 de febreiro de 2017

A canción da percusión!

Nas próximas clases aprenderemos A canción da percusión, do Libro/Cd Pitusa Semifusa de Olga Brañas. 

Coñeceremos así esta gran familia de instrumentos, todos moi diferentes. Aquí vos deixo a letra e tamén o audio.
 

mércores, 8 de febreiro de 2017

Ritmo Sabroso

Este ano coñecimos uns novos instrumentos:
OS BOOMWHACKERS!


Son uns tubos de plástico que ó golpealos contra o suelo, o corpo, a mesa... fan sonido. Cada cor é unha nota.
Para comezar con eles, os nenos e nenas de 5º e 6º están practicando un chachachá que se chama ritmo sabroso.
Aquí vos deixo a partitura e a música.

http://mariajesusmusica.wixsite.com/sabroso#!

Muffin - Frauta

Seguimos con frauta para os de 3º e 4º, e seguimos coas notas sol, la, si e do´.
Para iso estamos aprendendo esta canción tan divertida que se chama Muffin.
Aquí vos deixo a partitura e a música, no lado esquero tedes a versión lenta para que ó principio nos resulte máis doado.

Pulsade enriba e... a por ela!

http://musicalprofe.wix.com/muffin#!

 

Unha ambulancia no cole! Do´

Para practicar o DO agudo na frauta, aprendimos esta divertida canción. Co DO agudo e co LA conseguimos un son moi parecido ó dunha ambulancia.
Aquí vos deixo o vídeo para que a poidades ver dende casa.
Pinchade enriba da ambulancia e... a tocar!

http://msolbarreira.wixsite.com/canciones
 

mércores, 11 de xaneiro de 2017

LOVE IS THE ONLY WAY! - Macaco

Cómo me gusta esta canción... porque: o amor é o único camiño para a P A Z 



  


¨ Cause for the world, you are someone
but for someone you´re the world ¨

¨ Porque para el mundo eres alguien,
pero para alguien, eres el mundo ¨ 

 

APERTAS QUE VOAN!

O 30 de Xaneiro é o día que recordamos a importancia da PAZ e a non violencia nos colexios e no mundo. 

Dende música aprenderemos unha canción que fala da paz...
Aquí vos deixo a letra e un vídeo para que a vaiades practicando, e na clase acompañarémola con xestos.



Desexo que vos guste!