martes, 14 de febreiro de 2017

A canción da percusión!

Nas próximas clases aprenderemos A canción da percusión, do Libro/Cd Pitusa Semifusa de Olga Brañas. 

Coñeceremos así esta gran familia de instrumentos, todos moi diferentes. Aquí vos deixo a letra e tamén o audio.
 

mércores, 8 de febreiro de 2017

Ritmo Sabroso

Este ano coñecimos uns novos instrumentos:
OS BOOMWHACKERS!


Son uns tubos de plástico que ó golpealos contra o suelo, o corpo, a mesa... fan sonido. Cada cor é unha nota.
Para comezar con eles, os nenos e nenas de 5º e 6º están practicando un chachachá que se chama ritmo sabroso.
Aquí vos deixo a partitura e a música.

http://mariajesusmusica.wixsite.com/sabroso#!

Muffin - Frauta

Seguimos con frauta para os de 3º e 4º, e seguimos coas notas sol, la, si e do´.
Para iso estamos aprendendo esta canción tan divertida que se chama Muffin.
Aquí vos deixo a partitura e a música, no lado esquero tedes a versión lenta para que ó principio nos resulte máis doado.

Pulsade enriba e... a por ela!

http://musicalprofe.wix.com/muffin#!

 

Unha ambulancia no cole! Do´

Para practicar o DO agudo na frauta, aprendimos esta divertida canción. Co DO agudo e co LA conseguimos un son moi parecido ó dunha ambulancia.
Aquí vos deixo o vídeo para que a poidades ver dende casa.
Pinchade enriba da ambulancia e... a tocar!

http://msolbarreira.wixsite.com/canciones