luns, 29 de maio de 2017

Esto báilase así

Coñecedes a canción de ¨Pirimpimpin¨ de Malvela?
Pois esta é unha versión desa canción feita polo grupo ¨ Uxía Lambona e a Banda Molona¨ que estamos traballando na clase de música todo o cole.


Cantaremos e bailaremos tal e como di a letra.
Aquí vos queda a letra e o vídeo para que a practiquedes na casa. Se sae ben, igual podemos facela todo o cole para fin de curso!




xoves, 25 de maio de 2017

O Rei León - Frauta

En 5º e 6º seguimos avanzando en frauta tocando esta sinxela melodía, que é a famosa canción do Rei León máis coñecida como ¨ Wimoweh ¨

Aquí vos queda o wix coa partitura e o audio para seguir practicando na casa.



Ven comigo

Gústanos moito cantar cos amigos, por iso aprendimos unha canción súper divertida do novo CD chamado Aire de María Fumasa.
A canción é ¨Ven comigo¨ e ademais de cantala acompañámola con maracas.



Aquí vos deixo o vídeo do youtube e a letra, para que a poidades seguir practicando na casa.
Espero que vos guste!
:)